Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27388

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 21 de xuño de 2016 pola que se dispón a renovación dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta do presidente do organismo público Portos do Estado,

DISPOÑO:

Renovar o mandato de Jorge Atán Castro como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña en representación da Administración xeral do Estado.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2016

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar