Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 1 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a notificación do inicio do trámite de audiencia dun procedemento tramitado por esta xefatura territorial (expediente 2000/366/27).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle o inicio do trámite de audiencia á persoa interesada, que se indica a continuación, no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.4 do Código civil, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar a dita notificación.

O expediente está á disposición da persoa interesada no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde no prazo de quince (15) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para coñecer o expediente e presentar as alegacións e a documentación que considere oportunas, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, e advírteselle que, de non facelo, se terá por realizado o dito trámite.

Nº do expediente: 2000/366/27.

Interesado: Alberto López Núñez.

Enderezo actual: descoñecido.

Asunto: comunicación do inicio do trámite de audiencia.

Lugo, 1 de xuño de 2016

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo