Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 27 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación de acordos de inicio e propostas de resolución no procedemento de reintegro de prestacións indebidamente percibidas, derivadas do procedemento BS210A.

Despois de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, en aplicación do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou os seus representantes, para ser notificados por comparecencia dos acordos de inicio e propostas de resolución do procedemento de reintegro de prestacións indebidamente percibidas que se indican, ditados pola xefa territorial.

Para estes efectos, así como para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, sitas na rúa Concepción Arenal, núm. 7 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

De acordo co establecido no artigo 51.2 e 51.3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, o interesado dispón dun prazo de quince días, contados desde o día seguinte ao da súa notificación a través da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentar as alegacións ou documentos que considere convenientes.

A Coruña, 27 de maio de 2016

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente - Nome e apelidos

CO - 24343 - Manuel Cambón Queijo, por Josefa Cristina Garel Gabeiras

SC - 15237 - Rocío Mosquera Álvarez, por José Mosquera Rivera

FE - 14077 - Carmen Torres López, por María Carmen López Filgueiras

SC - 48584 - Mirta Amanda Lugaro González, por Eloísa Vázquez Míguez