Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27391

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se dá publicidade do convenio de colaboración subscrito no primeiro cuadrimestre de 2016.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), publícase no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único.

Dar publicidade ao convenio subscrito pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda no primeiro cuadrimestre do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2016

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Convenio de colaboración subscrito pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda no primeiro cuadrimestre de 2016

Descrición

Data

sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, AENA, S.A., ADIF e ADIF Alta Velocidade, para promover a intermodalidade e o transbordo de pasaxeiros e pasaxeiras no transporte público por estrada, por ferrocarril e por vía aérea na Comunidade Autónoma de Galicia mediante a mellora da sinalización e da información aos usuarios.

29.4.2016

87.959 €