Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27580

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de uso, aloxamento, evolución e soporte dos sistemas de información dos conservatorios, centros de estudos superiores e escolas oficiais de idiomas (expediente 8/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de uso, aloxamento, evolución e soporte dun sistema de información de xestión organizativa e académica das ensinanzas de réxime especial para os centros oficiais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Fecha de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 22.12.2015.

DOUE: 29.12.2015.

BOE: 26.12.2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 355.200,00 € (trescentos cincuenta e cinco mil douscentos euros).

5. Orzamento base de licitación:

O orzamento máximo autorizado é de 118.400,00 €, máis 24.864,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 143.264,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 10.3.2016.

b) Data de formalización do contrato: 6.4.2016.

c) Contratista: Desarrollos Informáticos de Aplicaciones Logiciales, S.L. (DIAL).

d) Importe de adxudicación: 142.054,00 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia