Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27582

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo para o desenvolvemento de novas funcionalidades nos sistemas de información de xestión do eido forestal (expediente 14/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para o mantemento evolutivo (desenvolvemento de novas funcionalidades) e soporte, dos sistemas de información que facilitan a xestión das competencias de xestión forestal da Xunta de Galicia, de acordo cos instrumentos legais actualmente publicados ou en curso de publicación.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Fecha de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 14.1.2016.

DOUE: 9.1.2016.

BOE: 26.1.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 545.454,54 € (cincocentos corenta e cinco mil catrocentos cincuenta e catro euros con cincuenta e catro céntimos).

5. Orzamento base de licitación:

O orzamento máximo autorizado é de 181.818,18 €, máis 38.181,82 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 220.000,00 € (dous centos vinte mil euros).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 15.4.2016.

b) Data de formalización do contrato: 1.6.2016.

c) Contratista: Bahía Software, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 181.500,00 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia