Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 28 de xuño de 2016 Páx. 27370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2016 pola que se anuncia a licitación para a adquisición da subministración correspondente a mobiliario de laboratorio para o Edificio MTI (expediente 3/16).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratacion.

2º. Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos centrais Campus das Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4º. Teléfono: 986 81 37 67.

5º. Fax: 986 81 38 57.

6º. Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 3/16.

2. Obxeto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: mobiliario de laboratorio no Edificio MTI.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial MTI no Campus das Lagoas-Marcosende en Vigo.

2º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

e) Prazo de entrega: 70 días.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) Codificación CPV: 39180000-7 e CPA: 31.09.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1º. Redución do importe de licitación (criterio automático): 80 puntos.

2º. Calidade das superficies de traballo (criterio automatico): 20 puntos, de acordo coa folla resumo de características (FRC).

4. Valor estimado do contrato: 190.000 euros.

5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto: 190.000 € + 39.900 € de IVE.

6. Garantías exixidas: provisional: non se exixe. Definitiva (5 % do importe de adxudicación, sen IVE).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: papel 2 sobres A e C.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2º. Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos centrais, planta baixa. As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4º. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do Edificio de Xerencia e servizos centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 1.200 euros.

11. Outras informacións: a subministración poderá ser financiada pola Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no marco dun convenio de colaboración que se asinará próximamente. A subministración poderá ser financiada polo Fondo Europeo de Desanvolvemento Rexional (Feder) no Marco operativo de crecemento intelixente (POCINT) 2014-2020. Data límite para executar a aplicación dos fondos: 20 de decembro de 2016.

Vigo, 20 de xuño de 2016

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo