Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 28 de xuño de 2016 Páx. 27374

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO da provisión de prazas, na quenda de promoción interna, da oferta de emprego público 2015.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 105, do 3 de xuño de 2016, publicáronse as bases xerais e as específicas para a provisión dunha praza de axente notificador e de recadación (persoal funcionario) e unha praza de auxiliar administrativo de servizos sociais (persoal laboral fixo) en quenda de promoción interna, correspondentes á oferta de emprego público de 2015. O prazo de presentación de solicitudes para as ditas convocatorias comezará a partir do día seguinte ao de inserción do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

As Pontes de García Rodríguez, 3 de xuño de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto 1251/2015, do 3 de xullo)
José Alén Álvarez
Concelleiro delegado de Réxime Interno e Recursos Humanos