Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 27 de xuño de 2016 Páx. 27186

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) e do Plan especial do campus universitario (PE-8) no ámbito do equipamento universitario (EU-2). Grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola.

O Pleno da Corporación, na sesion ordinaria que tivo lugar o día 28 de abril de 2016, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM e do PE-8 no ámbito do equipamento universitario EU-2 (Grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola), segundo o proxecto formulado pola Sección Municipal de Planeamento en abril de 2016.

Segundo. Someter o expediente a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión na provincia.

A documentación sometida a información pública abarcará todos os documentos do expediente tramitado, e incluirá:

– O resumo executivo que exixe o artigo 25.3 do Real decreto lexislativo 7/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana.

– A Resolución da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, do 31 de xullo de 2015, pola que se formula o Informe ambiental estratéxico.

Terceiro. En cumprimento do que dispón o número 7 do artigo 60 da LSG, o Concello trasladará a documentación á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo co fin de que este órgano outorgue audiencia aos municipios limítrofes e se soliciten os informes sectoriais autonómicos que resulten preceptivos.

O acordo de aprobación inicial determina ex lege, por aplicación do artigo 47.2 da LSG, a suspensión do outorgamento das licenzas que poidan resultar incompatibles coa nova ordenación proposta, durante o prazo máximo de dous anos, contado desde a aprobación inicial.

O que se publica co fin de que, durante o prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e formular as alegacións que xulguen oportunas. Na páxina web do Concello www.santiagodecompostela.gal, poderase consultar a documentación sometida a información pública.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2016

O alcalde
P.D. (DEC/3997/2015, do 18 de xuño)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade