Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 23 de xuño de 2016 Páx. 26543

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira)

EDICTO de notificación de resolución (178/2008).

Eu, José Andrés Salgado Fernández, secretario xudicial da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por este edicto

Anuncio:

No procedemento ordinario 178/2008, seguido por instancia de María Rosa Pérez Rodríguez, foi ditada a resolución do seguinte teor literal:

«Auto: Benigno López González, Pte. Julio César Díaz Casales, José Ramón Chaves García.

A Coruña, vinte e tres de maio de dous mil dezaseis.

Feitos:

Primeiro. Nesta sala e sección primeira recibíronse as presentes actuacións de recurso contencioso-administrativo remitidas polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense (P.A. 390/2007) en virtude de inhibición a favor deste tribunal por incompetencia obxectiva e interposto por María Rosa Pérez Rodríguez contra resolución da sociedade anónima estatal Correos y Telégrafos, sobre denegación de permiso.

Segundo. A indicada recorrente non compareceu ante este tribunal no indicado procedemento no prazo concedido para o efecto nin formulou alegación ningunha a pesar do tempo transcorrido.

Razoamentos xurídicos:

Único. Sen comparecer en tempo e forma nas presentes actuacións, a parte recorrente procede acordar o seu arquivamento, con devolución do expediente administrativo ao órgano a que corresponda.

Polo exposto,

A sala acorda:

– Arquivar o presente procedemento ordinario 178/2008 interposto por María Rosa Pérez Rodríguez.

– Firme a presente resolución, devólvase o expediente administrativo.

Así o acordan, mandan e asinan os señores anotados á marxe, perante min, o secretario, que dou fe».

E, como consecuencia do domicilio descoñecido de María Rosa Pérez Rodríguez, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 1 de xuño de 2016

José Andrés Salgado Fernández
Letrado da Administración de xustiza