Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 23 de xuño de 2016 Páx. 26612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 12 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia da resolución ditada no procedemento BS611A.

Despois de intentar en tempo e forma a práctica da notificación que se relaciona no anexo sen que for posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, en aplicación do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio de este anuncio emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo, ou o seu representante, para ser notificado por comparecencia da resolución da Xefatura Territorial da Coruña, relativa ao procedemento BS611A.

Para estes efectos, así como para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a interesada, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer demanda perante a xurisdición social no prazo de 30 días, contados desde a recepción deste escrito, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE núm. 245, do 11 de outubro).

A Coruña, 12 de maio de 2016

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Contido do acto

Nº de expediente

DNI

Apelidos e nome

Resolución de reclamación previa

CO187004

34899288P

Arias González, Juana Isabel