Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 23 de xuño de 2016 Páx. 26595

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Caldas de Reis (expediente IN407A 2015/238-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Título: soterramento LMT TIB801-802-803 en Tibo.

Situación: Caldas de Reis.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV (triple circuíto) con condutor tipo RHZ de 603 metros de lonxitude, con orixe no paso aerosubterráneo no apoio proxectado C-9000/16 e final no paso aerosubterráneo no apoio proxectado C-9000/18. Retensado dos vans aéreos contiguos aos apoios instalados (67 e 36 metros). A instalación está situada en Tibo, Caldas de Reis.

Non procede declarar a utilidade pública da instalación eléctrica xa que se dispón de título hábil para a disposición dos terreos precisos para a instalación e funcionamento desta. En todo caso, podería solicitarse no futuro a dita declaración para o caso en que tal título habilitante se extinga e poida invocarse a necesidade de obter a dispoñibilidade dos terreos mediante o exercicio da potestade expropiatoria.

Polo tanto, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 27 de maio de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra