Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 22 de xuño de 2016 Páx. 26329

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados

EDICTO (198/2015).

Eu, María Lorenza Fernández Calaza, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados, por este edicto, anuncio que no presente procedemento ordinario 198/2015 seguido por instancia de María Soledad Rosa Solla Blanco fronte a Mercedes Solla Blanco, María Victoria Solla Blanco se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:

«Sentenza 35/2016.

En Cambados, o 3 de maio de 2016, María Dolores Rodríguez Leirós, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Cambados, ditou a presente resolución no procedemento ordinario seguido neste xulgado co número 198/2015, no cal actuaron como parte demandante María Soledad Rosa Solla Blanco, representada pola procuradora María Mercedes Pereiro Domínguez e asistida polo letrado Fernando Garnelo Abilleira, e como parte demandada Mercedes Solla Blanco, representada por María Mercedes Pereiro Domínguez e asistida polo letrado Fernando Garnelo Abilleira, e María Victoria Solla Blanco, en rebeldía procesual.

Decido:

Estimando a demanda interposta pola procuradora María Mercedes Pereiro Domínguez, en nome e representación de María Soledad Rosa Solla Blanco contra Mercedes Solla Blanco, representada pola procuradora María Mercedes Pereiro Domínguez e contra María Victoria Solla Blanco, en rebeldía procesual, declaro que procede a división da comunidade e conseguinte extinción do condominio existente entre María Soledad Rosa, Mercedes e María Victoria Solla Blanco sobre o predio descrito no feito primeiro da demanda, Garaboa de Abaixo, sita en el lugar de Chanca, nº 8, parroquia de Dena, municipio de Meaño, dunha extensión de corenta áreas e oitenta e dúas centiáreas, sobre a cal existe unha edificación de noventa e oito metros cadrados de planta, destinada a almacén, en mal estado de conservación. Así como un hórreo e un pozo. Linda norte, río; sur, estrada C-550 de Cambados-O Grove; leste, herdeiros de José Carballal e oeste Ramón Magán Naveiro, Benito Caneda García, María Taboada García, José Camiña, Luis Méndez, Calixto Padín e outros. Con referencia catastral: parte urbana: 5198103NG1959N0001UM e parte rústica: 36027A014001280000MX. En consecuencia, as partes deberán estar e pasar por esta declaración e levar a cabo as actuacións necesarias para proceder á súa división, incluída a venda en pública poxa con admisión de licitadores estraños e repartición do prezo obtido en proporción ás súas respectivas cotas de propiedade.

Con imposición das custas a María Victoria Solla Blanco.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación, no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da notificación da presente.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E encontrándose a dita demandada, María Victoria Solla Blanco, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Cambados, 20 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza