O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2016 que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2016
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar nos meses de xaneiro, febreiro,
marzo e abril do ano 2016
Descrición |
Importe |
Data |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e Televisión de Galicia, S.A. |
Ata un máximo de 100.000,00 € |
7.1.2016 |
Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago (USC) e a Consellería do Mar para o Desenvolvemento do Proxecto de Investigación «Poboacións bacterianas en criadeiros de bivalvos: procesos de patoxénese» de Referencia AGL2014-59655-R |
Sen custo económico |
12.2.2016 |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a asociación Grupo de Acción Local do sector pesqueiro Ría de Vigo-A Guarda para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020 |
1.254.090,01 |
23.2.2016 |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a asociación Grupo de Acción Local do sector pesqueiro Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020 |
2.359.217,72 € |
23.2.2016 |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a asociación Grupo de Acción Local do sector pesqueiro da Ría de Pontevedra para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020 |
1.428.727,07 € |
23.2.2016 |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a asociación Grupo de Acción Local do sector pesqueiro Ría de Arousa para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020 |
1.862.814,64 |
23.2.2016 |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a asociación Grupo de Acción Local do sector pesqueiro A Mariña Ortegal para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020 |
1.904.922,21 |
23.2.2016 |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a asociación Grupo de Acción Local do sector pesqueiro Golfo Ártabro Norte para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020 |
1.535.817,52 € |
23.2.2016 |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a asociación Grupo de Acción Local do sector pesqueiro Costa da Morte para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020 |
1.826.175,34 |
23.2.2016 |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías de pescadores (capítulo IV) |
70.000,00 € |
3.3.2016 |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra (capítulo IV) |
60.000,00 € |
3.3.2016 |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo (capítulo IV) |
27.000,00 € |
3.3.2016 |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña (capítulo IV) |
50.000,00 € |
3.3.2016 |
Convenio de colaboración entre o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (Bugalicia) e a Consellería do Mar para a xestión conxunta de recursos electrónicos de información científica ao Centro de Investigacións Mariñas |
42.685,09 € |
4.3.2016 |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asemblea da Comunidade Autónoma de Galicia da Cruz Vermella Española |
30.000,00 € |
9.3.2016 |
Addenda ao Convenio de colaboración entre Algas Atlánticas Algamar, S.L. a Consellería do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela (USC). Ampliación de prazo |
Addenda sen custo económico |
18.3.2016 |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Cooperativa de Armadores de Pesca de Vigo (Arvi) |
52.901,85 € |
22.3.2016 |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Asociación Española de Codificación Comercial (Aecoc) |
14.520,00 € |
28.3.2016 |
Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño para o desenvolvemento de accións formativas ao colectivo de redeiras artesás no marco do seu proceso de diversificación profesional |
26.300,00 € |
28.3.2016 |
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Asociación de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (Anfaco-Cecopesca) para a promoción e a mellora da comercialización das conservas de produtos pesqueiros |
66.792,00 € |
1.4.2016 |
Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar e o Consello Superior de Investigacións Científicas, a través do Instituto de Investigación Mariñas para a análise dos datos recollidos pola UTPB no programa de monitoreo da frota de baixura e a formación dos técnicos desta unidade nas técnicas empregadas |
180.000,00 € |
15.4.2016 |
Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Consellería do Mar para a dotación económica de bolsas de formación no estranxeiro para o alumnado e profesorado do IGAFA |
15.000,00 € |
19.4.2016 |
Convenio entre a Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF) polo que se regulan as condicións nas que se lle concede unha subvención prevista nominativamente na vixente Lei de orzamentos da nosa Comunidade Autónoma para a realización durante o ano 2016, de actividades de dinamización das embarcacións patrimoniais de Galicia |
26.576,00 € |
22.4.2016 |
Convenio entre a Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar e a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari) polo que se regulan as condicións nas que se lle concede unha subvención prevista nominativamente na vixente Lei de orzamentos da nosa Comunidade Autónoma para a realización durante o ano 2016, de actividades de dinamización e fomento da carpintaría de Ribeira |
28.000,00 € |
22.4.2016 |