1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.
2º. Domicilio: rúa San Lázaro, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
4º. Teléfono: 881 99 53 85.
5º. Telefax: 881 99 93 26.
6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.gal.
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=34390.
8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.
d) Número de expediente: 19/2016 U.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: obra.
b) Descrición do obxecto: obra de reurbanización das rúas Uxío Novoneyra, Pinguela e Cortaduría no núcleo urbano de Carral.
c) Lugar de execución: alínea A do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Prazo de execución: cláusula 2.4 do prego de cláusulas administrativas particulares e alínea D do seu cadro de características.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 45233250-6.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 3.6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Valor estimado do contrato: 342.125,00 €.
5. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 342.125,00 €.
b) Importe total: 413.971,25 €.
6. Garantías exixidas:
Definitiva (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE): 17.106,25 €.
7. Subcontratación: de acordo co establecido na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada na cláusula 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares e no número I.2 do seu cadro de características.
9. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincide en día inhábil o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.
b) Modalidade: a sinalada na cláusula 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
2º. Domicilio: rúa San Lázaro, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Admisión de variantes: non.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
10. Apertura de ofertas.
a) Descrición: apertura pública.
b) Enderezo: rúa San Lázaro, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora de apertura dos sobres B e C.
11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2016
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio