De conformidade co artigo 47.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 16 de maio de 2016 sobre unha planta de tratamento de residuos de construción e demolición (RCD) no parque empresarial das Gándaras, no concello de Lugo (Lugo), promovido por Excavaciones J. Carreira, S.L.
Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:
http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2016
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental