1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.
c) Número de expediente: 35/2016.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: é obxecto desta contratación o servizo de desenvolvemento e coordinación do sistema e modelo de análise corporativo da Administración pública galega:
a. Desenvolvemento de cadros de indicadores corporativos.
b. Evolución de cadros de indicadores existentes.
c. Administración e evolución da plataforma base de sistemas de análise corporativos.
d. Colaboración na coordinación metodolóxica dos sistemas de análise corporativos.
b) División por lotes e número: non.
c) Prazo de execución: 18 meses contados a partir da data de formalización do contrato.
d) Admisión de prórroga: si; por un prazo igual ou inferior ao fixado orixinariamente.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 645.300,00 € máis 135.513,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 780.813,00 € (setecentos oitenta mil oitocentos trece euros).
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención da documentación e da información:
a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 52 86.
e) Fax: 981 54 52 74.
f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=39510
g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de prazo de presentación das proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 26.7.2016, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
b) Documentación que se deberá presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Entidade: Rexistro da Amtega.
2º. Enderezo: Edificio CINC; Monte Gaiás, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Cando a proposición se envíe por correo, deberase cumprir o establecido no número 10.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das ofertas:
O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicaranse no perfil do contratante.
10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no número 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
12. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 16 de xuño de 2016.
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2016
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia