Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 22 de xuño de 2016 Páx. 26395

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento de novos servizos e evolución da plataforma de intermediación da Xunta de Galicia (pasaXe!), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 19/2016).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento, publicación e soporte de servizos novos (tanto propios da Xunta de Galicia coma intermediados con outros organismos), para que o intercambio de servizos e documentos entre sistemas e aplicacións empregados na Xunta, as entidades locais e outras administracións públicas estea garantizada e a evolución, tanto funcional e técnica, da plataforma.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 2.2.2016.

DOUE: 30.1.2016.

BOE: 9.2.2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 2.259.840,00 € (dous millóns douscentos cincuenta e nove mil oitocentos corenta euros).

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 941.600,00 € (novecentos corenta e un mil seiscentos euros), máis 197.736,00 € (cento noventa e sete mil setecentos trinta e seis euros que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.139.336,00 € (un millón cento trinta e nove mil trescentos trinta e seis euros).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 27.4.2016.

b) Data de formalización do contrato: 7.6.2016.

c) Contratista: Everis Spain, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 1.139.311,80 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia