Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 21 de xuño de 2016 Páx. 25591

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 3 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Smart Commerce de Galicia 2016 (código de procedemento IN214C).

BDNS (Identif.): 309456

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional ( http://www.pap.minhap.go.es/bdnstrans/index ):

Primeiro. Beneficiarios

Aqueles comercios que apostan por situar o cliente no centro da súa estratexia, aproveitando todos os recursos á súa disposición co fin de achegarlle a súa oferta.

Segundo. Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios Smart Commerce como un recoñecemento institucional e social.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Importe

Destínase un total de 8.500 euros da aplicación orzamentaria 09.30.751A.480.0.

Os premios do Comercio constarán das seguintes categorías:

a) Premio Smart Commerce Galicia, cunha contía de 2.000 euros, na cal se incluirá o premio correspondente á provincia.

b) Premio Smart Commerce Provincial, cunha contía de 1.500 euros por provincia.

c) Premio e-Commerce, cunha contía de 1.000 euros.

d) Premio Social Commerce, cunha contía de 1.000 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que é o da publicación no DOG, e, se é festivo, o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2016

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria