Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 20 de xuño de 2016 Páx. 25532

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (S-A-01-2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: S-A-01-2016.

1.2. Subministración incluída no POS adicional 1/2015 da Deputación Provincial da Coruña.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: renovación e mellora da eficiencia enerxética da iluminación pública (Nacional VI-P.q. 580-577).

b) Lugar de entrega: segundo se indica no proxecto de execución.

c) Prazo de entrega: corenta e dous (42) días contados desde o seguinte ao da formalización do contrato.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios de adxudicación.

4. Orzamento de licitación:

Valor estimado: 67.126,26 € máis o IVE (21 %): 14.096,51 €. Importe total: 81.222,77 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

Perfil do contratante: www.bergondo.es

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio de licitación no BOP ou no DOG, das 9.00 ás 14.30 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do último día do prazo de presentación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP) que deberán de rexer a contratación.

d) Lugar de presentación: Rexistro Xeral. Concello de Bergondo.

8. Solvencia económico-financeira e técnica:

8.1. Solvencia económica: mínimo: o volume anual de negocios do licitador que, referido ao ano de maior volume dos tres últimos concluídos, deberá ser polo menos de 101.000 euros, acreditado conforme dispón o artigo 11.4.a) do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro.

8.2. Solvencia técnica: mínimo: presentación da relación das principais subministracións ou traballos do mesmo tipo a que corresponde o obxecto do contrato, realizados nos cinco últimos anos, que inclúa importe, datas e os seus beneficiarios públicos ou privados. O importe anual acumulado no ano de maior execución deberá ser igual ou superior a 46.988,38 euros, acreditado conforme dispón o artigo 11.4.b) do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro.

9. Criterios de adxudicación do contrato:

9.1. Criterios cuxa valoración require un xuízo de valor: ata 40 puntos, coa desagregación de subcriterios indicados na cláusula 16.1.1. do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.2. Oferta económica: ata 45 puntos, mediante fórmula indicada na cláusula 16.1.2 do PCAP.

10. Apertura das ofertas:

a) Data: o terceiro día hábil seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de proposicións. En caso de coincidir en sábado, trasladarase ao día hábil seguinte.

b) Hora: ás 13.00 horas.

11. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no número 6 deste anuncio.

12. Gastos do adxudicatario: serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Bergondo, 13 de xuño de 2016

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa