Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 20 de xuño de 2016 Páx. 25535

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (SV-A-04-2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: SV-A-04-2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo de limpeza de gabias do concello de Bergondo.

b) Lugar de execución: concello de Bergondo.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, cun único criterio de adxudicación.

4. Orzamento de licitación:

Prezo estimado: 33.057,85 € sen IVE; máis o IVE (21 %): 6.942,15 €; importe total: 40.000,00 €. Prezo unitario de limpeza por metro lineal: 0,82 euros, IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: estrada da Coruña nº 12.

Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

Perfil do contratante: www.bergondo.es

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio de licitación no BOP ou no DOG, das 9.00 ás 14.30 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do último día do prazo de presentación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP) que deberán de rexer a contratación.

d) Lugar de presentación: Rexistro Xeral. Concello de Bergondo.

9. Solvencia económico-financeira e técnica:

9.1. Solvencia económica: mínimo: xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais, vixente ata a fin do prazo de presentación de ofertas, por importe non inferior a 40.000 euros, así como achegar o compromiso da súa renovación ou prórroga que garanta o mantemento da súa cobertura durante toda a execución do contrato. Artigo 11.4.a) do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro.

9.2. Solvencia técnica: mínimo: presentación da relación dos principais servizos ou traballos do mesmo tipo a que corresponde o obxecto do contrato realizados nos cinco últimos anos, que inclúa importe, datas e os seus beneficiarios públicos ou privados. O importe anual acumulado no ano de maior execución deberá ser igual ou superior a 23.140,50 euros. Artigo 11.4.b) do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro.

10. Criterios de adxudicación do contrato:

10.1. Oferta económica: ata 10 puntos.

Nos termos contidos na cláusula 16ª do prego de cláusulas administrativas particulares, publicados no perfil do contratante: www.bergondo.es

11. Apertura das ofertas:

Data e hora: publicaranse no perfil do contratante.

12. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no número 6 deste anuncio.

13. Gastos do adxudicatario: serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Bergondo, 13 de xuño de 2016

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa