Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 20 de xuño de 2016 Páx. 25456

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (239/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que, por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Luis Amoedo González contra Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U., Manuel Lombardía Rodríguez, Esinor Sistemas, S.L.U., Pocomaco Inversiones, S.A.U., Gallega de Técnicas e Investimentos, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co nº procedemento ordinario 239/2013, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U., Esinor Sistemas, S.L.U., Pocomaco Inversiones, S.A.U., Manuel Lombardía Rodríguez, Gallega de Técnicas e Investimentos, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 27.6.2016 ás 13.15 horas, en planta baixa, sala 1, edificio rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

A parte demandante anunciou o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a para os efectos do artigo 21.2 da LXS, e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS. En canto á proba:

– Interrogatorio de parte do representante legal das empresas Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U., Manuel Lombardía Rodríguez, Esinor Sistemas, S.L.U., Pocomaco Inversiones, S.A.U., Gallega de Técnicas e Investimentos, S.L.: ten lugar ao solicitado conforme o artigo 90.3 LXS, sen prexuízo de que o momento procesual oportuno para formular e admitir a proba sexa o acto de xuízo (artigo 87 da LXS). Para tal efecto, fágase saber á parte demandada que deberá comparecer persoalmente ou a través de persoa con poder abondo, e en caso de persoas xurídicas, a través de quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio, advertíndolle de que, en caso de non comparecer, poderá impoñérselle a multa prevista no artigo 292.4 da Lei de axuizamento civil, e que se non comparece sen xusta causa á primeira citación, rexeitase declarar ou persistise en non responder afirmativa ou negativamente, a pesar do apercibimento que se lle fixese, poderán considerarse recoñecidos como certos, na sentenza os feitos a que se refiran as preguntas, sempre que o interrogado tivese intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resultar prexudicial en todo ou en parte. En caso de que o interrogatorio non se refira a feitos persoais, admitirase a súa resposta por un terceiro que coñeza os feitos, se a parte así o solicita e acepta a responsabilidade da declaración.

Se o representante en xuízo non tivese intervido nos feitos deberá achegar a xuízo á persoa coñecedora directa destes. Con tal fin a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio, xustificando debidamente a necesidade do devandito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente se poderá acordar dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta tivesen actuado e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestar xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

– Documental: requírase as demandadas Coruñesa de Aforro Enerxético, S.L.U., Manuel Lombardía Rodríguez, Esinor Sistemas, S.L.U., Pocomaco Inversiones, S.A.U., Gallega de Técnicas e Investimentos, S.L., para que acheguen os documentos solicitados no escrito de demanda no apartado documental que se dá por reproducido, coa advertencia de que, de non o facer, poderán terse por probadas as alegacións feitas pola contraria en relación coa proba acordada (artigo 94 da LXS).

Se é o caso, sen que isto signifique a admisión da proba proposta polo demandante, xa que este deberá propoñela e, se é o caso, o/a xuíz admitila no acto de xuízo, artigo 87 da LXS.

Advírtese ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Coruñesa de Aforro Energético, S.L.U., Esinor Sistemas, S.L.U., Pocomaco Inversiones, S.A.U., Manuel Lombardía Rodríguez e a Gallega de Técnicas e Investimentos, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza