Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 20 de xuño de 2016 Páx. 25449

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (382/2015).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 382/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diego Quintas Sesar contra I-VAMOS, Empresa de Servicios Especializados, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou auto, cuxa parte dispositiva di:

Considerar que Diego Quintas Sesar desiste da súa demanda fronte a I-VAMOS, Empresa de Servicios Especializados, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, en materia de reclamación de cantidade.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa I Vamos Servicios Especializados, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza