En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería do Medio Rural.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: contrato administrativo de servizo.
b) Descrición do obxecto: definir a estratexia de medios e soportes para desenvolver unha campaña publicitaria para promover o consumo do leite galego e, nomeadamente, do da marca Galega 100 % como distintivo de calidade.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24750
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 62, do 1 de abril de 2016.
e) División por lotes e número: non.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.
4. Orzamento de licitación.
Importe neto: 185.950,42 €; IVE (21 %): 39.049,59 €. Importe total: 225.000,00 €.
Valor estimado: 185.950,42 €.
5. Financiamento: fondos propios.
6. Adxudicación e formalización do contrato.
a) Data da resolución de adxudicación: 27 de maio de 2016.
b) Adxudicataria: Imaxe Intermedia, S.A.
c) Importe: 221.812,18 €, IVE incluído.
d) Data de formalización do contrato: 31 de maio de 2016.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: obtivo a puntuación máis alta na oferta técnica e resultou ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración.
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2016
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural