En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería do Medio Rural.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: contrato administrativo de servizos.
b) Descrición do obxecto: servizo de cinco (5) avións destinados á prevención e defensa contra os incendios forestais e á prevención, vixilancia e coordinación durante os anos 2016, 2017 e 2018, proposta 5/16-I.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24749
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 30 de marzo de 2016, BOE núm. 83, do 6 de abril, e DOG núm. 73, do 18 de abril.
e) División por lotes e número: non.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto, suxeito a regulación harmonizada.
4. Orzamento de licitación.
Importe total: 2.218.128,56 € (exento de IVE), cuxa distribución por anualidades é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.
Valor estimado: 2.814.048,56 € (incluídas posibles ampliacións).
5. Financiamento: fondos propios.
6. Adxudicación e formalización do contrato.
a) Data da resolución de deserto: 20 de maio de 2016.
b) Adxudicataria: non hai.
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2016
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural