Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 20 de xuño de 2016 Páx. 25285

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

CORRECCIÓN de erros. Orde do 23 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 43, do xoves 3 de marzo de 2016, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 8086, artigo 15.b), onde di: «Asinado en ..........................o....de..........2015», debe dicir: «Asinado en ..........................o....de..........2016».

Na páxina 8101, anexo V, onde di: «ACEPTAN a axuda concedida ao abeiro da Orde do 30 marzo de 2015...», debe dicir: «ACEPTAN a axuda concedida ao abeiro da Orde do 23 febreiro de 2016...».

Os anexos V presentados polos solicitantes de axuda conforme o modelo publicado conxuntamente coa orde entenderanse válidos por estar afectados pola presente corrección de erros.

Esta modificación non afecta os prazos establecidos na referida orde.