Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 20 de xuño de 2016 Páx. 25498

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2016 pola que se fai pública a formalización dun contrato administrativo (expediente PA 93-2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, que aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Contratación administrativa da xestión do servizo público, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención residencial para persoas maiores en situación de dependencia en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, polo procedemento aberto e tramitación documentalmente simplificada.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

c) Número de expediente: PA 93-2015.

d) Enderezo da internet do perfil del contratante: http://www.contratosdegalicia.es

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención residencial para persoas maiores en situación de dependencia en concellos da Comunidade Autónoma galega.

c) CPV: 85320000 servizos sociais.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 25 de febreiro de 2016.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 2.021.379,36 € (IVE incluído).

1.5. Formalización:

Lote 1: Santiago de Compostela.

a) Data: 1.6.2016.

b) Contratista: Quavitae Servicios Asistenciales, S.A.U.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 308.994,60 € (IVE incluído).

Lote 2: Láncara.

a) Data: 1.6.2016.

b) Contratista: Serge Lucense, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 381.348 € (IVE incluído).

Lote 3: A Guarda.

a) Data: 1.6.2016.

b) Contratista: Centro de Maiores Bardella, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 295.641 € (IVE incluído).

Lote 4: deserto.

Lote 5: Vilaboa.

a) Data: 1.6.2016.

b) Contratista: Residencia Nueva Vida, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 417.300 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2016

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social