Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 20 de xuño de 2016 Páx. 25501

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2016 pola que se fai pública a formalización dun contrato administrativo (expediente PA 71-2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, que aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Contratación administrativa da xestión en réxime de concesión dos servizos de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas en Ferrol, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria. Tramitación documentalmente simplificada.

1.1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

c) Número de expediente: PA 71-2015.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

1.2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público, na modalidade de concesión dos servizos de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas en Ferrol.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 25 de febreiro de 2016.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 320.439,60 € (IVE incluído).

1.5. Formalización.

a) Data: 1.6.2016.

b) Contratista: AFAL Ferrolterra.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 257.460,52 € (exento de IVE).

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2016.

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orden do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social