Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 20 de xuño de 2016 Páx. 25522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 6 de xuño de 2016 pola que se notifica a finalización da declaración de perda do dereito ao cobramento da subvención do proxecto de desenvolvemento dun sistema integral de rastrexabilidade para a frota de baixura e produtos derivados con base nas novas tecnoloxías e desenvolvemento de software específico, correspondente ao expediente 07MMA042E, devolto polo servizo de Correos.

A Axencia Galega de Innovación, con data do 25 de maio de 2016, enviou unha notificación á empresa Automatismes Electronics I Control, S.L. co fin de comunicarlle a finalización de declaración da perda de dereito ao cobramento da subvención do proxecto de desenvolvemento dun sistema integral de rastrexabilidade para a frota de baixura e produtos derivados con base nas novas tecnoloxías e desenvolvemento de software específicos código 07MMA042E, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. A dita notificación foi devolta polo servizo de Correos indicando o funcionario «descoñecido». Ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula, no Boletín Oficial del Estado e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícase á entidade beneficiaria a finalización da declaración de perda do dereito ao cobramento que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Tendo en conta o anterior e segundo o artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, os interesados dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para facer alegacións e presentar os documentos e xustificantes que consideren pertinentes. Lémbraselles tamén o seu dereito a consultaren o expediente, depositado nas dependencias desta axencia, sita na praza de Europa, 10, 3º A, 15707 Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2016

Manuel Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Número de expediente: 07MMA042E

Título: desenvolvemento dun sistema integral de rastrexabilidade para a frota de baixura e produtos derivados con base nas novas tecnoloxías e desenvolvemento de software específicos.

Nome ou razón social: Automatismes Electronics I Control, S.L.

CIF/NIF: B17055476.

Tipo de axuda: programas sectoriais de investigación aplicada, PEME I+D e I+D suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite). Orden de convocatoria do 26 de abril de 2007 (DOG do 15 de maio).

Contido do acto: finalización da declaración de perda do dereito ao cobramento da subvención do expediente 07MMA042E.