Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 17 de xuño de 2016 Páx. 24921

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de información pública sobre os símbolos municipais.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 23 de marzo de 2016, aprobou por unanimidade a proposta asinada por Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, vicepresidente da Comisión Heráldica da Xunta de Galicia, do 20 de febreiro de 2016, relativa aos símbolos municipais do concello de Tui.

De conformidade co Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia, procédese á información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello, para os efectos de alegacións.

Tui, 16 de maio de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto 22.6.2016)
Miguel Ángel Capón Rey
Concelleiro delegado de Eurocidade, Relacións Supramunicipais e Comercio