No perfil do contratante publícanse íntegros o prego de condicións, o proxecto e a documentación complementaria para a contratación, mediante procedemento aberto, da execución da obra de reforzo do firme con mestura asfáltica na OU-0461, nº 111/POS/2016, no concello do Carballiño, cun tipo de licitación de 81.999,99 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, a través da plataforma www.leal.gal, única e exclusivamente. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións, no proxecto e na documentación complementaria á cal se poderá acceder gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es, ou na plataforma www.leal.gal. As solicitudes de información poderanse formular telefonicamente 988 31 75 48 perante o Servizo de Contratación.
Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedentes, o prego de condicións, o proxecto técnico, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que deban rexer a licitación, serán susceptibles de recurso potestativo de reposición, ante a Presidencia da Deputación, no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non son simultáneos).
Ourense, 6 de xuño de 2016
José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense