Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 17 de xuño de 2016 Páx. 24836

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (119/2015).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentenza con data do 14 de setembro de 2015 cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2015.

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta cidade, os presentes autos de xuízo verbal nº 119/2015, seguidos por instancia da comunidade de propietarios do edificio Figueiras nº 6 do Milladoiro, representada polo procurador Sr. Merelles Pérez, baixo a asistencia letrada da Sra. Camiño Villaverde, contra Juan C. Tuñas Cernadas en situación de rebeldía procesual.

Decisión:

Estímase integramente a demanda presentada polo procurador Sr. Merelles Pérez no nome e representación invocada, e, en consecuencia, condénase o demandado Juan C. Tuñas Cernadas a pagarlle á comunidade de propietarios demandante a cantidade de mil douscentos setenta euros e dous céntimos (1.270,02 €) máis os xuros legais desde a data de interposición da demanda, así como ao pagamento das custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de apelación por razón da contía.

Así o acorda, manda e asina, M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Juan Carlos Tuñas Cernadas, esténdese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza