Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 16 de xuño de 2016 Páx. 24635

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2016 pola que se redistribúen e minoran os créditos orzamentarios por epígrafes recollidas na Resolución do 16 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria anticipada de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión, mobilidade con combustibles alternativos e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores de industria e servizos para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

Mediante Resolución do 16 de decembro de 2015 que foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 247, do 29 de decembro, establecéronse as bases reguladoras para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión, mobilidade con combustibles alternativos e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores de industria e servizos para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

No transcurso do procedemento administrativo de concesión das axudas, cando xa rematou o prazo de presentación de solicitudes (29.2.2016), nalgunha das epígrafes o número de solicitantes é inferior ao esperado, mentres que noutros o volume de axuda solicitada superou a dispoñibilidade orzamentaria; por tanto, cómpre facer unha redistribución de fondos entre as distintas epígrafes e liberar o crédito orzamentario sobrante que resultaría de atender todas as solicitudes.

De acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria. En calquera caso, cómpre subliñar que non se trata de modificar a contía máxima fixada na convocatoria, ao non darse ningún dos supostos previstos no artigo 30.2 do referido Decreto 11/2009.

Por todo o anterior, coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recursos públicos, maximizando o impulso de proxectos de aforro e eficiencia enerxética e atendendo a totalidade das solicitudes en cada un dos epígrafes da convocatoria.

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás subvencións para realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión, mobilidade con combustibles alternativos e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores de industria e servizos para o ano 2016 cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, redistribuíndoas do seguinte xeito:

Axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética (IN417Y).

Liña de axuda

Abreviatura

Dotación orzamentaria (€)

Importe inicial

Modificación

Importe final

Auditorías enerxéticas

AE

300.000,00

-241.846,00

58.154,00

Mobilidade con combustibles alternativos

MA

1.000.000,00

-952.573,12

47.426,88

Implantación sistemas de xestión

SX

200.000,00

-190.684,00

9.316,00

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industrial e ESE

7.261.788,96

-2.839.866,51

4.421.922,45

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector servizos

-39.962,32

766.902,72

Total

9.568.654,00

-4.264.931,95

5.303.722,05

Segundo. A eficacia da presente resolución producirase coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia