Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 16 de xuño de 2016 Páx. 24775

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO do 4 de maio de 2016 polo que a Deputación asume a competencia delegada nela polo Concello de Ramirás (xestión recadatoria da taxa pola subministración de auga, taxa de sumidoiros e depuracións e canon de auga).

De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004 e 106.3 da Lei 7/1985, e cumprindo o que acordou a Corporación Provincial, na sesión do día 29 de abril de 2016, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello de Ramirás (xestión recadatoria da taxa pola subministración de auga, taxa de sumidoiros e depuracións dos usuarios do servizo de abastacemento domiciliario de auga e canon de auga) nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no DOG do día 19 de setembro de 1994.

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 4 de maio de 2016

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense