Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 16 de xuño de 2016 Páx. 24773

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2016 relativa á convocatoria de procesos selectivos de promoción interna.

Nos BOP número 78, do 26 de abril de 2016, e número 89, do 11 de maio de 2016, publícanse integramente as bases xerais e específicas que rexerán a convocatoria dos seguintes procesos selectivos de promoción interna en aplicación do plan de emprego 2013/2015:

Unha praza de administrativo, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa, subgrupo C1.

Unha praza de enxeñeiro civil, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos superiores, subgrupo A1.

Unha praza de enxeñeiro de edificación, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos superiores, subgrupo A1.

Unha praza de técnico de xestión, escala de Administración xeral, subescala de xestión, subgrupo A2.

Unha praza de técnico de biblioteca e arquivo, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos superiores, subgrupo A1.

Unha praza de técnico de organización, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos superiores, subgrupo A1.

Unha praza de técnico especialista en delineación, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos medios, grupo B.

Unha praza de técnico especialista en informática, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos medios, grupo B.

Unha praza de técnico superior en educación infantil, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos medios, grupo B.

Unha praza de titor, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos auxiliares, subgrupo C1.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia da Coruña e/ou no taboleiro de anuncios da Corporación.

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 12 de maio de 2016

O presidente da Deputación Provincial da Coruña
P.D. (Resolución 21179/2015, do 1 de outubro)
Antonio Leira Piñeiro
Deputado de Persoal da Deputación Provincial da Coruña