Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 16 de xuño de 2016 Páx. 24754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ordes (expediente IN407A 2016/332-1).

Expediente: IN407A 2016/332-1.

Solicitante: UDESA.

Denominación: LMT aérea SC 20 kV a CT Peñasco e CT Peñasco (serradoiro).

Concello: Ordes.

Características técnicas:

Tramo 1: tramo aéreo en condutor cuberto CCX 47-AL1/8-ST1A 20 kV, sobre apoios de formigón de 137,4 metros de lonxitude, que discorre polo lugar denominado Finca da Casa, no concello de Ordes.

CT Peñasco (serradoiro): centro de transformación de intemperie sobre apoio de formigón HVH 1600/13 cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/400-230 V no lugar Finca da Casa no concello de Ordes.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 10 de maio de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña