Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 16 de xuño de 2016 Páx. 24728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 26 de maio de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai publico o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de construción dunha nave para a valorización de residuos de VFU no parque empresarial de Vilamarín, no concello de Vilamarín, promovido por Ramón Rodríguez Quintela (clave 2015/0201).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 20 de maio de 2016 relativo ao proxecto de construción dunha nave para a valorización de residuos de vehículos fóra de uso (VFU) no parque empresarial de Vilamarín, no concello de Vilamarín, promovido por Ramón Rodríguez Quintela (clave 2015/0201).

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental