Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 16 de xuño de 2016 Páx. 24725

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e suxeito a regulación harmonizada, criterio prezo, do servizo de transporte para os escolares participantes no programa Xogade (Xogos galegos deportivos en idade escolar), curso 2016/17 (41 lotes) (expediente 2/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de transporte para os escolares participantes no programa Xogade (Xogos galegos deportivos en idade escolar). Curso 2016/17.

c) Prazo de execución: duración do programa Xogade organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte (prazo previsto de nove meses desde o 1 de setembro de 2016 ata o 31 de maio de 2017).

d) Admisión de prórrogas: non.

e) CPV: 60140000-1 (servizos de transporte non regular de pasaxeiros).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado: 426.815,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 426.815,00 €. IVE (10 %): 42.681,50 €. Importe total: 469.496,50 € e conforme a seguinte distribución por anualidades:

Ano 2016: 50.087,35 €, IVE incluído.

Ano 2017: 419.409,15 €, IVE incluído.

A distribución por lotes especifícase no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

6. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: cinco por cento (5 %) do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: consultar a letra H do cadro de características do PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: mediante a presentación dos documentos sinalados nas letras J e K do cadro de características do PCAP.

8. Obtención de documentación e información:

a) Dependencia: Secretaría Xeral para o Deporte, Servizo de Contratación e Xestión Económica.

b) Domicilio: rúa Madrid nº 2-4, 2º andar. As Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 881 99 63 52 e 881 99 63 49. Fax: 881 99 63 56.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

e) Consulta de pregos na rede da internet:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24126

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do 6 de xullo de 2016.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte (rúa Madrid nº 2-4, 2º andar. As Fontiñas,15781 Santiago de Compostela. Fax: 881 99 63 56. Tamén se poderá presentar por correo certificado conforme as especificacións establecidas no PCAP.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: dependencias da Secretaría Xeral para o Deporte, rúa Madrid nº 2-4, 2º andar. As Fontiñas.

b) Localidade: 15781 Santiago de Compostela.

c) Data: publicarase na Plataforma de Contratación Pública de Galicia.

11. Outras informacións:

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A e publicará na plataforma de contratación o resultado da apertura, para que se emenden, se for o caso, e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na citada documentación.

12. Gastos do anuncio:

Por conta do adxudicatario, así como, se for o caso, a inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

13. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea:

O día 27 de maio de 2016.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2016

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte