Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 16 de xuño de 2016 Páx. 24684

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2016, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 9 de xuño de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 11 de abril de 2016 (DOG núm. 72, do 15 de abril), modificado pola Orde do 27 de abril de 2016 (DOG núm. 85, do 4 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño),

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar na súa totalidade as reclamacións e alegacións presentadas.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.2 da convocatoria, superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo os/as aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de vinte (20) puntos.

Para estes efectos, fíxase en trinta e sete (37) o número de respostas correctas precisas para acadar a devandita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria.

Para os/as aspirantes que acceden pola cota de reserva de persoas con discapacidade, base I.1.1, fíxase en trinta (30) o número de respostas correctas precisas para acadar a devandita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polos/as aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web (funcionpublica.xunta.gal) da Xunta de Galicia.

Cuarto. Que, de acordo co disposto na base II.2.7 da orde da convocatoria, os/as aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Que, de acordo co disposto na base II.1.4 da orde da convocatoria, os/as aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa (orixinais ou fotocopias compulsadas) de estar en posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo).

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2016

María Dolores Veiga Gondelle
Presidenta do tribunal