Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 15 de xuño de 2016 Páx. 24548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de maio de 2016 polo que se fai pública a resolución ditada no expediente sancionador en materia de dominio público hidráulico DH.D36.46743 e un máis.

O director de Augas de Galicia ditou a resolución nos expedientes sancionadores referidos no anexo por infraccións en materia de dominio público hidráulico.

Unha vez intentada a notificación das ditas resolucións por correo certificado con aviso de recepción nos domicilios que constan nos expedientes, foron devoltas polo servizo de Correos. Por tanto, de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións aos interesados e fáiselles saber que unha copia delas está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lles outorga un prazo dun mes, contado desde o día desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación das ditas resolucións, tempo durante o cal poderán interpor recurso de alzada ante a presidenta de Augas de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2016

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesados

Enderezo

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.D36.46743

Herdeiros de Isidro José Buján Pereiro

Vilariño

36520 Agolada

9.3.2016

Sobresemento

DH.D27.48227

Ricardo Sánchez González

Avda. de Ourense, 22

27200 Palas de Rei

26.2.2016

Arquivamento