Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 15 de xuño de 2016 Páx. 24580

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da modificación da oferta de emprego público de 2013.

Con data do 22 de abril de 2016, a Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Modificar o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 30 de decembro de 2013, pola que se aprobou a oferta de emprego público do Concello de Vigo para o ano 2013, eliminando unha praza de analista de laboratorio pola quenda de promoción interna e substituíndo unha praza de programador de informática pola quenda libre por unha praza de condutor-bombeiro pola referida quenda.

Como consecuencia do anterior, a oferta de emprego público para o ano 2013 queda integrada polas seguintes dezasete (17) prazas vacantes:

a) Persoal funcionario: sete (7) prazas, tres (3) delas pola quenda libre.

Nº vacantes

Denominación

Grupo

Escala

Subescala

Clase

Quenda acceso

1

Técnico/a medio/a actividades culturais e educativas

A2

Administración especial

Servizos especiais

Cometidos especiais

Promoc. interna

2

Administrativo/a Administración xeral

C1

Administración xeral

Administrativa

----------

Promoc. interna

1

Programador informática

C1

Administración especial

Servizos especiais

Cometidos especiais

Promoc. interna

3

Condutor/a-bombeiro/a

C2

Administración especial

Servizos especiais

Extinción incendios

Libre

b) Persoal laboral: dez (10) prazas de oficiais de oficios pola quenda de promoción interna.

Nº de prazas

Denominación

Quenda

1

Oficial conserxe

Promoción interna

1

Oficial xardineiro

Promoción interna

3

Oficial condutor

Promoción interna

1

Oficial carpinteiro

Promoción interna

1

Oficial albanel

Promoción interna

1

Oficial sepultureiro

Promoción interna

1

Oficial almaceneiro

Promoción interna

1

Oficial mecánico

Promoción interna

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 59 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, reserva para si un total dunha (1) praza (7 % das tres (3) prazas ofertadas pola quenda libre e das dezaoito (18) reservadas por promoción interna), para persoas con discapacidade:

Unha praza de administrativo/a da Administración xeral da quenda de promoción interna.

Terceiro. Procédase á súa publicación urxente no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia».

Vigo, 29 de abril de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
Javier Pardo Espiñeira
Concelleiro delegado da Área de Xestión Municipal e Persoal