Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 15 de xuño de 2016 Páx. 24498

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (271/2015).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 271/2015 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Manuel García Montes contra Petrobelle Car-Wash Coruña, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade p. ordinario, se ditou sentenza cuxo resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Manuel García Montes, contra a entidade Petrobelle Car-Wash Coruña, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno á entidade Petrobelle Car-Wash Coruña, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 4.955,88 € brutos, por diferenzas salariais xeradas entre xaneiro e decembro de 2014, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 Pilar Carreira Vidal».

E para que sirva de notificación en legal forma a Petrobelle Car-Wash Coruña, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, vinte e seis de maio de dous mil dezaseis

A letrada da Administración de xustiza