Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 15 de xuño de 2016 Páx. 24513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cariño (expediente IN407A 2015/544-1).

Expediente: IN407A 2015/544-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: recuamento LMT MEA-815 A Castiñeira-Os Pedrouzos.

Concello: Cariño.

Feitos.

1. O 20 de outubro de 2015 o promotor solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG do 24 de decembro de 2015 e no BOP do 11 de decembro de 2015.

3. Solicitóuselles o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

Reforma da liña de media tensión MEA-815 entre os apoios nº 87 e nº 88 (actuación nº 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,080 km, con orixe no apoio nº 87 existente da LMT MEA-815, no tramo entre a derivada ao CT E. Bombeo á Ortigueira (expediente16/97) e a derivada ao CT As Cañotas (expediente 34059), en condutor tipo LA-110 mm2 Al e final no apoio nº 88 proxectado para intercalar na LMT MEA-815, no tramo entre a derivada ao CT E. Bombeo á Ortigueira (expediente 16/97) e a derivada ao CT As Cañotas (expediente 34059).

Reforma da liña de media tensión MEA-815 entre os apoios nº 97 e nº 96 (actuación nº 2), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,028 km, con orixe no apoio nº 97 existente da LMT MEA-815, onde se realiza a derivación ao CT Sagrón (expediente 29133), en condutor tipo LA-110 mm2 Al e final no apoio nº 96 proxectado para intercalar na LMT MEA-815, no tramo entre a derivada ao CT E. Bombeo á Ortigueira (expediente 16/97) e a derivada ao CT As Cañotas (expediente 34059).

Reforma da liña de media tensión MEA-815 entre os apoios nº 96 e 96/1 (actuación nº 3), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,025 km, coa orixe no apoio nº 96 proxectado para intercalar na LMT MEA-815, no tramo entre a derivada ao CT E. Bombeo á Ortigueira (expediente 16/97) e a derivada ao CT As Cañotas (expediente 34059), en condutor tipo LA-30 mm2 Al (para retensar), e final no apoio nº 96/1 existente da LMT MEA-815, no tramo entre a derivada ao CT As Cañotas (expediente 34059).

Liña de media tensión susterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 1,139 km, con orixe no paso aéreo a subterráneo que se vai realizar no apoio nº 88 proxectado para intercalar na LMT MEA-815, no tramo entre a derivada ao CT E. Bombeo á Ortigueira (expediente 16/97) e a derivada ao CT As Cañotas (expediente 34059), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-1×240 Al e final en cela de liña proxectada que se vai instalar no CT Os Pedrouzos (expediente 5365).

Nova cela de liña no CT Os Pedrouzos (expediente 5365), cunha potencia de 400 kVA (transformador existente).

O orzamento da instalación segundo proxecto é de 155.997,45 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlle a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

Segundo. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial, unha solicitude á cal se xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipo, e as certificacións ou homologacións se procede.

• Un certificado do director da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

Cuarto. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 19 de maio de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña