Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 14 de xuño de 2016 Páx. 24284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 23 de maio de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para unha granxa avícola e a súa ampliación no concello de Baltar (Ourense) (expediente 2015-IPPC-I-84).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo), e na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que polo prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– «Proxecto básico e estudo de impacto ambiental para solicitar a autorización ambiental integrada dunha ampliación de explotación avícola. David Rodríguez Parada. A Moa-Baltar-Ourense. Agosto 2015».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se for o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes. Os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultala na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sustentabilidade >>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2015-IPPC-I-84.

Peticionario: David Rodríguez Parada.

Localización da instalación: parcelas núm. 2082 e núm. 2083, polígono 502, A Moa, Baltar (Ourense).

Actividade: o ciclo produtivo comeza coa chegada á granxa dos polos cun día de vida. Nun ciclo engórdanse as aves ata os 2,5 kg de peso para a súa posterior saída ao matadoiro, ciclo que dura uns 45-50 días máis 10-15 días de baleiro sanitario. Tras a ampliación prevista mediante a construción dunha nave e dunha esterqueira, a capacidade da granxa pasará de 59.436 prazas a 97.498 prazas.

A galiñaza producida empregarase como fertilizante en parcelas de uso agrícola.

Verteduras: a auga dos aseos dirixirase a fosa séptica para incorporarse depurada ao medio.