De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada a proposta de resolución do expediente sancionador que se indica no anexo.
A eficacia da cédula queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Pontevedra, 26 de maio de 2016
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Interesado: Rogelio Molina Fontán.
Expediente: ES-P-0062/15.
Último domicilio coñecido: rúa Cuenca, nº 1, 16709 Vara de Rey (Cuenca).
Indicación do contido: notifícaselle a proposta de resolución do procedemento sancionador ES-P-0062/15 na cal se propón unha sanción no seu grao mínimo de multa de 700 €, de acordo co disposto no artigo 108 da Lei 8/2012, do 26 de xuño, de vivenda de Galicia.
Alegacións: as persoas interesadas poderán formular alegacións, así como presentar documentos ou xustificantes que xulguen convenientes, no prazo de quince (15) días contados desde a publicación. Así mesmo, poderán acceder ao contido do expediente depositado na Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra (rúa Alcalde Hevia, nº 7, 4º andar), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, de acordo co disposto nos artigos 3.1 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.