De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada o acordo de inicio do expediente sancionador que se indica no anexo.
A eficacia da cédula queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Pontevedra, 12 de maio de 2016
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Interesado: José Antonio González Rodríguez.
Expediente: ES-P-0028/16.
Último domicilio coñecido: Rúa do Poste, nº 3 entresollado, Chapela, 36320 Redondela (Pontevedra).
Indicación do contido: notifícaselle o acordo de inicio do procedemento sancionador ES-P-0028/16 como suposto responsable dunha infracción leve, ao abeiro dos artigos 104 e 108 da Lei 8/2012, do 26 de xuño, de vivenda de Galicia.
Alegacións: de acordo co sinalado no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, concédeselle a persoa interesada un prazo de quince (15) días, que se contarán a partir do seguinte ao da notificación deste acordo, para achegar as alegación, documentos e, de ser o caso, propoñer proba, concretando os medios de que pretenda valerse.