Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 10 de xuño de 2016 Páx. 23726

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2016/35-2, 8344 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Fundación Rof Codina.

Domicillo social: estrada da Granxa, s/n, Campus Universitario, 27002 Lugo.

Denominación: LMTS, CS e CT de 1.000 kVAS.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1-Liña de media tensión subterráneaa 20 kV en dobre circuíto, consistente en anelar na LMT propiedade de Begasa o CS proxectado, cunha lonxitude de 100 metros en condutor tipo RHZ1-150.

2-Centro de seccionamento proxectado en edificio prefabricado tipo PFU-5/20, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de interruptor automático.

3-Centro de transformación proxectado en edificio prefabricado tipo PFU-5/20, cunha potencia proxectada de 1.000 kVAS e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 10 de maio de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo