Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 10 de xuño de 2016 Páx. 23712

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 12 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente LU-RES 2015/177 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron acordados polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

A comparecencia deberase efectuar na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A sede da xefatura territorial é na rolda da Muralla, nº 70, 2º (Lugo).

O prazo para realizar a comparecencia será de dez (10) días. O dito prazo comezará a contarse a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta notificación no Boletín Oficial do Estado.

A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial do Estado (BOE). Transcorrido o plazo de dez días desde a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial do Estado sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da dita publicación.

Lugo, 12 de maio de 2016

O/a xefe/a territorial de Lugo
P.S. (Resolución do 8.2.2016)
Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Expediente

Interesados

Acto notificado

LU-RES 2015/177

Mihai Anghelachi, Cosmin Ionut Rinza e

Nelu Anghelachi

Iniciación do procedemento sancionador

LU-RES 2015/193

Cristian Tintar e Marius Alin Mihail

Resolución do procedemento sancionador