Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 10 de xuño de 2016 Páx. 23710

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo que se dá publicidade a unha licitación, polo procedemento negociado sen publicidade.

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no exercicio das atribucións que lle outorga o seu decreto de estrutura orgánica, relativas á organización e coordinación dos procesos electorais, competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, acordou a tramitación dun procedemento de licitación necesario para garantir a adecuada organización e celebración das eleccións ao Parlamento de Galicia que terán lugar no presente ano.

A licitación desenvolverase mediante o procedemento negociado sen publicidade, ao abeiro do permitido polo artigo 170.e) do Real decreto lexislativo 3/2001, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Co fin de darlle a maior difusión posible e garantir a máxima concorrencia de ofertas nos procedementos de licitación citados,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade á licitación, mediante o procedemento negociado sen publicidade, ao abeiro do permitido polo artigo 170.e) do Real decreto lexislativo 3/2001, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, do servizo que a seguir se indica:

– Servizo de impresión, planificación, organización e posta en marcha das papeletas electorais, sobres de votación e documentación electoral, así como da documentación electoral necesaria para o voto accesible dos invidentes, que se empregará nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016.

Segundo. Os licitadores interesados en participar no procedemento indicado poderán obter a documentación necesaria na Plataforma de contratos públicos de Galicia, na cal igualmente se publica a convocatoria, no seguinte enlace:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=34394

Terceiro. O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 27 de xuño de 2016.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2016

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza