Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx. 23532

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO polo que se dá publicidade ao acordo de aprobación definitiva do estudo de detalle da rúa Caleras, 47-49.

O Pleno do Concello do Barco de Valdeorras, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 5 de maio de 2016, adoptou o seguinte acordo:

«1. A aprobación definitiva do estudo de detalle na r/ Caleras, 47-49, segundo a tramitación da Lei 9/2002, do solo de Galicia.

2. Este acordo notificarase aos interesados e publicarase, no prazo dun mes desde a súa adopción, no Diario Oficial de Galicia, e o texto dos documentos que integran o estudo de detalle, así como o índice de planos no Boletín Oficial da provincia.

3. O acordo de aprobación definitiva comunicarase á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, á vez que se lle dará traslado de copia autenticada do expediente completo, así como de dous exemplares do estudo de detalle con todos os planos e documentos que o integran, debidamente dilixenciados polo secretario do Concello.

No anuncio de aprobación definitiva farase constar a remisión da documentación á consellería».

Déixase constancia de que con data do 2 de xuño de 2016 se remitiu á consellería competente a documentación que sinala o artigo 92 da Louga.

Contra este acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

O Barco de Valdeorras, 3 de xuño de 2016

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde